CORAL INFANTIL

Concerto de Nadal
O Coro Infantil da Coral Polifónica Municipal de Tomiño, nace o día 23 de outubro do ano 2010 co obxectivo de vir a enriquecer o panorama cultural deste concello do Baixo Miño. Nace por iniciativa do seu director, Javier Alonso e grazas ao apoio incondicional do concello de Tomiño e coa supervisión da Xunta Directiva da Coral Polifónica municipal de Tomiño.
O obxectivo desta nova formación é, como non pode ser doutra maneira, levar a cultura a onde sexan requiridos, así como participar en tódolos actos culturais do Concello.
Está formada por 16 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, que eesperan consolidar os coro, asegurandop un futuro ao canto coral en Tomiño.
Pese a súa recente fundación, contan xa no seu haber con dous primeiros premios no concurso de Panxoliñas celebrados na Catedral de Tui nos anos 2010 e 2011.


FOTOS DA ACTUACIÓN EN SALCEDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario